En busca da «tarta de Narón»

O Concello de Narón, a través da Concellería de Turismo e Festas, promoverá un concurso dirixido a profesionáis da Gastronomía co obxectivo de acadar un produto gastronómico de pastelería representativo do noso Concello a»Tarta de Narón«. Así o anunciaron na mañá deste mércores o alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e a concelleira de Turismo e Festas, Natalia Hermida Rico.

A proposta seleccionada que será de produción propia, servirá para compartir tanto en festas-celebracións de carácter familiar e social, como en agasallo para turistas e persoas que por calquera outro motivo visitan Narón, neste sentido será un «doce de viaxe». Tamén será un produto-degustación que represente en eventos de carácter institucional, turístico e promocional do territorio poñendo en valor a riqueza pasteleira naronesa.

A elaboración gañadora será elixida por un xurado profesional do mundo da pastelería, gastronomía e da área de formación, e formará parte nas vitrinas das pastelerías que a desexen ofrecer como reclamo turístico e gastronómico.

A «Tarta de Narón» é unha marca rexistrada polo Concello de Narón, acompañada dunha imaxe do Muiño das Aceas.

Lea también

Narón-A compañía Pentación Teatro representa a comedia «Viva la Pepa»

O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 23 de outubro, ás 20.00 horas, a …

Un comentario

  1. Cuando no hay historia hay que inventar la, penoso, concello que solo sabe copiar , luego dirán que ya la comían hace siglos