Narón-Web de acceso a actividades do Servizo Sociocomunitario, Biblioteca e Padroado da Cultura

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presentaron este xoves día 2 de setembro unha nova web municipal: buscoactividade.naron.es unha ferramenta que permitirá consultar información sobre actividades do Servizo Sociocomunitario á Biblioteca e o Padroado da Cultura dirixidas á cidadanía.

A web estrutúrase en varias opcións, podendo elixir entre actividades destinadas a calquera tipo de colectivo ou persoa e actividades para centros escolares en horario lectivo ou consultar directamente a listaxe de actividades. Así mesmo, tal e como indicou Ferreiro, dispón dun sistema de filtros que permiten seleccionar a actividade que máis interese en cada caso en función do seu horario, do lugar no que se realiza ou da idade á que se dirixe.

En total ofrécese información sobre algo máis dunha trintena de propostas. A maiores do contido, en cada unha delas especifícanse datos como os obxectivos das mesmas, as datas, hora e lugar no que se imparten, os destinatarios, as taxas (no caso de que sexan de pago) e tamén sobre a tramitación das inscricións nas mesmas.

As Escolas Culturais do Padroado da Cultura (Bailes de salón, Escola de Formación Actoral, O Recuncho dos Pequechos, Obradoiro de Construción de Instrumentos…) están entre as incluídas na nova web municipal, donde figuran ademais outras actividades como o Club de Lectura, Clases de Español para persoas estranxeiras, Club de Lectura Feminista, Mesas de conversa en inglés, Reforzatic, Robótica educativa, Escolas de Familia, Ximnasia rehabilitadora

O acceso á web é dende o ordenador ou a través doutros dispositivos dixitais, co fin de dispoñer de toda a información das actividades dos citados servizos municipais e, tal e como recalcou a alcaldesa «facilitar á cidadanía de Narón o coñecemento dos recursos municipais dun xeito sinxelo e accesible»

Dende o Concello animouse á cidadanía a facer uso desta nova ferramenta e incidiuse en que se creou coa finalidade «de ir ampliando as áreas de traballo para poder tamén ofrecer dende ese novo espazo web información sobre actividades impulsadas dende outras áreas municipais»

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …