Fene amplía en vinte os puntos de selado das credenciais dixitais das persoas que peregrinan polo Camiño Inglés

Na foto, a concelleira de Promoción Económica xunto á técnica de Turismo

A Concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Fene vén de ampliar a rede de puntos de expedición de selos virtuais para que os peregrinos e peregrinas do Camiño Inglés poidan selar as súas credenciais dixitais coa incorporación de vinte novos establecementos.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo Ana Basoa, explica que “aínda que o selado en formato físico continua vixente, dende a Concellería animamos a todos os establecementos que realizan o selado de credenciais a ofrecer este servizo dixital e para dar de alta o seu selo e obter o seu propio QR”.

De feito, máis de 20 establecementos ao longo do tramo do Camiño Inglés ao seu paso por Fene solicitaron xa o código QR para a credencial dixital do peregrino, co obxectivo de aumentar a seguridade do Camiño de Santiago. Deste xeito, facilítase que as persoas que realizan esta ruta Xacobea poidan utilizar a aplicación de móbil e selar de forma telemática a través de código QR nos puntos de expedición, que substitúen a credencial en formato papel.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …