Fene-O documental «Xela Arias. Poeta nas marxes» proxéctase na Casa da Cultura

«Xela Arias. Poeta nas marxes» é un documental dirixido por Beatriz Pereira arredor da figura de Xela Arias, poeta e tradutora galega.

A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, a peza percorre a vida e obra dunha francotiradora das letras.

As persoas que queiran asistir á proxección, prevista para este venres, día 10 de setembre, ás 20 horas na Casa da Cultura, deberán reservar praza no correo electrónico cultura.deportes@fene.gal antes das 13.00 horas do mesmo día da actividade. Aforo limitado (50 persoas).

O proxecto «Xeal Arias. Poeta nas marxes» xorde no ano 2019 da constatación da ausencia de materiais fílmicos que reflictan unha visión total sobre Xela Arias, que se crea mediante a relación contrapuntística do academicismo e o humano e persoal. Xa que logo, a obra detense en todas as arestas que fixeron dela unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega.

Actividade organizada polo Concello de Fene e a Secretaría xeral de Política Lingüística no marco da programación das Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia. Con esta actividade faise partícipe á Rede de Dinamización Lingüística da homenaxe á autora anfitrioa do pasado 17 de maio coa proxección audiovisual do documental homónimo dirixido por Beatriz Pereira e un coloquio posterior arredor da súa figura, vida e obra.

Máis información na web do Concello de Fene, www.fene.gal

Lea también

Efectivos del GES de Ortigueira localizaron a una mujer que estaba desaparecida

Efectivos del Grupo de Emerxencias Supramunicipal-GES de Ortigueira lograron localizar a una vecina de esta …