Narón-Alegacións ó anteproxecto da Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o xerente da empresa Cosma, José Manuel Marcote, participaron esta mañá nunha webinar coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e outros representantes de concellos da Federación Galega de Municipios e Provincias.

A finalidade do encontro, impulsado dende Augas de Galicia, foi presentar ós asistentes o anteproxecto de lei de Mellora da Xestión do ciclo integral da auga, un documento concebido, tal e como indicaron na convocatoria, nun instrumento para os concellos que lles permita xestionar ese ciclo, baseado tanto na voluntariedade como a colaboración e o compromiso ambiental do cumprimento da Directiva Marco da auga para buscar unha xestión consensuada e equilibrada do mesmo dentro das competencias de cada administración.

Ferreiro valorou a convocatoria desta webinar e interesouse sobre diferentes cuestións relacionadas co anteproxecto da Lei de mellora de xestión do ciclo integral da auga, facendo especial fincapé nos tributos e a obrigación de cofinanciación forzosa recollidos no documento, entre outros. A alcaldesa da cidade avanzou na convocatoria de hoxe que o Concello de Narón presentará unha serie de alegacións a este anteproxecto antes do vindeiro 15 de setembro, prazo no que remata a posibilidade de presentar alegacións ou suxestións.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …