Narón-Feira de Desenvolvemento Rural «Rexenera»

O Concello de Narón celebrará os días 1, 2 e 3 de outubro a Feira de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente «Rexenera» aberta á participación das empresas vencelladas a estas áreas interesadas.

O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, anunciou que as firmas interesadas en montar un stand nesta feira, que se desenvolverá no recinto do Trece (Sedes) deben escribir un correo electrónico á dirección: m.ambiente@naron.es, dende donde lles remitirán un formulario cos pasos a seguir para poder participar.

Galego avanzou que se poderán montar un total de 25 stands, en función do espazo que precisen as empresas que finalmente acudan. No caso de que a demanda de postos supere á oferta concederanse por rigorosa orde de solicitude. Os responsables das empresas poderán participar de balde, tal e como indicou o edil naronés.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …