Narón-O Concello dispón de 43 prazas libres nas tres escolas infantís municipais

Nas escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros contabilízanse un total de 43 vacantes. Unhas prazas que, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, están á disposición das familias interesadas en matricular ás súas fillas, podendo realizar os trámites pertinentes no Servizo Sociocomunitario do Concello.

Na Escola Infantil Municipal da Solaina hai catorce prazas libres, das que seis se corresponden coa franxa de 0 a 1 anos; unha para os de 1 a 2 e as sete restantes os de 2 a 3. No caso da ubicada na Gándara hai cinco vacantes para os menores de 0 a 1 anos; unha para os de 1 a 2; cinco para os de 2 a 3 e seis para as persoas que soliciten horario de tarde. Así mesmo, na Escola Infantil Municipal de Piñeiros hai un total de doce prazas libres: nove para nenas e nenos de 0 a 1 anos e tres para os de 2 a 3, estando cuberto o cupo dirixido a menores de 1 a 2 anos.

Taibo recordou que cada unha das escolas infantís municipais da cidade ten seis unidades e 82 prazas de atención simultánea. No caso das da Solaina e Piñeiros o horario de apertura é de 7.30 a 17.30, se ben a da Gándara ofrece tamén, debido á demanda, horario de tarde, estando operativa de 7.30 a 20.00 horas.

«Consideramos que son tres centros que están funcionando moi ben, tratándose dun servizo con moita demanda na cidade. Co fin de adaptarnos ás necesidades das familias en cada momento, dende o Concello apostamos por abrir un período ordinario de matrícula pero no caso de que queden vacantes deixamos aberta durante todo o ano a posibilidade de que se poidan matricular no momento que o precisen» subliñou a edil naronesa.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

Un comentario

  1. Ya no llenan ni las pocas plazas que hay y luego piden que se construyan más guarderías y más colegios ,sra Ferreiro se nota que se acabaron los años del hormigón, concello dos casi 40.000