Narón-Licitación do contrato de servicios varios dos pavillóns Campo da Serra e As Lagoas

O Concello de Narón licita en 228.569 euros o contrato dos servizos de limpeza xeral, traballos de mantemento básico e conserxería dos pavillóns Campo da Serra e As Lagoas, ubicados en Santa Icía e Freixeiro, respectivamente.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de prazo ata o vindeiro 8 de outubro (ás 15.00 horas) para entregalas no Consistorio. Os plegos da convocatoria poden consultarse na Plataforma de Contratación do Sector Público.

En canto ás tarefas de limpeza e desinfección, a empresa adxudicataria do contrato deberá atender as zonas dos aseos e vestiarios, gradas e pista de xogo, oficinas e outras dependencias, accesos exteriores, cristais en xeral, mobiliario, hall de entrada, pasillos e chan en xeral, barandillas e pasamáns.

A maiores, en relación co mantemento deberá encargarse do básico nas instalacións, correspondéndose con pequenos traballos a realizar como cambios de bombillas, manillas, cambios de bisagras.. e o mantemento das instalacións eléctrica e de saneamento, fontanería, pintura e albañilería, limpeza de canalóns do tellado… entre outras que figuran no plego do contrato.

A firma adxudicataria deberá encargarse tamén das labores de control dos accesos dos usuarios e usuarias ás instalacións, manexar a megafonía interna, levar a cabo un control informático ou electrónico dos accesos… traballos que actualmente desenvolve unha persoa en cada pavillón, se ben se conta con persoal correturnos a cargo da empresa no caso de que sexa preciso.

As horas máximas de contrato establecéronse en 2.500, sendo os horarios de apertura de ambas instalacións nos meses de xaneiro a xuño e de setembro a decembro: de luns a venres de 16.30 a 23.00 horas, os sábados de 10.00 a 12.30 e de 17.00 a 21.30 e os domingos de 10.00 a 12.30 e de 16.00 a 21.30 horas.

Durante os meses de xullo e agosto, no caso de que se rexistre demanda de apertura os horarios serán: en xullo de luns a venres entre as 20.00 e as 22.00 horas e en agosto de 19.30 a 22.00 horas, tamén de luns a venres.

Lea también

Narón-Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade dirixido a mulleres

A Xunta de Galicia concedeu á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol unha nova …