Narón-Corte do subministro eléctrico este venres na rúa Cerrallón de Arriba e a estrada de Cedeira

O Grupo Naturgy comunicou ó Concello de Narón que este venres, día 17 de setembre, procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico que afectarían ás rúas Cerrallón de Arriba (números par de 72 a 78) e a estrada de Cedeira (números par, de 70 a 80, 84 e 88).

O horario no que se verán afectadas esas zonas será de 5.00 a 7.00 horas, segundo avanzou a empresa. A medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica «precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona» tal e como aseguraron.

Dende a compañía solicitaron de antemán desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar a interrupción no subministro nesas zonas da cidade.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …