Narón-Servizo de apoio integral a coidadoras no medio rural

O obradoiro do proxecto «Cuidadanas» do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural e que se leva a cabo dende o Concello de Narón en colaboración coa Fundación Mujeres e a Deputación da Coruña dispón das últimas prazas, polo que as persoas interesadas en participar no mesmo poden aínda anotarse informándose dos trámites chamando ó número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109)

A convocatoria, respaldada a través das concellerías de Benestar Social e Igualdade, presididas polas edís Catalina García e Mar Gómez, respectivamente, é de balde.

O curso desenvolverase cada xoves, entre o 23 de setembro e o 25 de novembro de 10.30 a 12.30 horas no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña (rúa San Vicente, 1). Saúde e autocoidado, Quen coida de min; Xestión do tempo, O teu tempo, o teu lecer; Escoita activa, Se me escoito, escóitote; Dixitalizadas, Manexando o móbil e Prevención do acoso na rúa forman parte dos contidos a abordar nas diferentes sesións.

Co obxectivo de mellorar as competencias dixitais das mulleres tamén a través do programa Digitalizadas, da Fundación Mujeres, impartirase o obradoiro de uso de teléfonos móbiles para que desenvolvan as súas competencias tecnolóxicas e reducir a fenda dixital de xénero. Neste obradoiro abordaranse temas como o uso do móbil intelixente, a xestión do correo electrónico e seguridade nas redes.

A iniciativa «Cuidadanas» ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, dirixíndose especificamente a mulleres que de xeito non profesional coidan ou coidaron a persoas en situación de dependencia.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …