Narón-Concentración ante o Concello en repulsa do asasinato dunha muller na Coruña

O Concello de Narón convocou este mediodía unha concentración ante a porta principal para condenar o asasinato, na noite do pasado mércores, dunha muller de 52 anos, Mónica Marcos, na Coruña supostamente a mans da súa parella J.R.G., de 48 anos detido a última hora de onte en Madrid pola policía.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e outros representantes da corporación local, así como persoal do Concello, participaron na convocatoria para amosar a súa total repulsa á violencia de xénero. Os asistentes gardaron un minuto de silencio, tras unha pancarta co lema: «Contra a violencia de xénero». A alcaldesa agradeceu a participación das persoas que se sumaron á convocatoria e incidiu na importancia de «erradicar esta lacra social».

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …