Presentado o libro ‘As Alamedas Ilustradas de Ferrol’, da bióloga ferrolá María José Leira Ambrós

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presentou na mañá deste venres no Salón de Recepcións do pazo municipal o libro «As Alamedas Ilustradas de Ferrol«, editado polo Concello de Ferrol e a Deputación, xunto coa autora, a bióloga ferrolá María José Leira Ambrós.

O rexedor destacou o “importante valor documental do libro” e agradeceu á autora
o “afecto” que dedicou “a investigar en profundidade o noso territorio”. Mato sinalou que o traballo chama a atención “sobre a necesidade de tomar conciencia do importante patrimonio que constitúen as nosas alamedas ilustradas” e lembrou que “unha árbore é o mellor elemento ornamental nunha cidade”. Os seus beneficios, dixo, “como ben recolle a autora, foron aplicados dunha forma especial polos ilustrados nas alamedas xa hai 250 anos”.

Contar con espazos de natureza en medios urbanos “fan das cidades lugares máis
saudables e amables”, dixo o alcalde, posto que ademáis de regular a climatoloxía e
reducir os axentes contaminantes “ter acceso a elas pode mellorar a nosa saúde física e mental”. Neste punto Mato lembrou o aporte vexetal, con máis de 130 novas árbores, que recibirá a rúa Igrexa tras a súa reurbanización.

Pola súa banda, a autora agradeceu o apoio do Concello de Ferrol e da Deputación
e incidiu en que o libro busca poñer en valor a zona e contribuír ao estudo dos espazos
verdes de Ferrol. Leira Ambrós tamén incidiu na influencia das alamedas da cidade no
deseño de zonas verdes doutras cidades e áreas industriais.

Lea también

El Festival Ilustrado regresa a Ferrol en junio

Ferrol acoge los días 14,15 y 16 de junio un evento único en España que …