Narón-Axenda do 23 ó 26 de setembro de 2021

Xoves 23 de setembro de 2021

Actividade: Ciclo de cine: «Sempre Xonxa» Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

O Pazo acollerá este ciclo de cine, de balde, e organizado dende o Padroado da Cultura en colaboración co Cineclube Serie B. As proxeccións de películas galegas, catro en total, levaranse a cabo este mes e en outubro, podendo retirar as entradas no despacho de billetes do Pazo.

Venres 24 de setembro de 2021

Actividade: «Los Pazos de Ulloa» Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Secuencia 3 escenificará esta peza teatral, unha adaptación da novela do mesmo nome que escribiu a escritora galega Emilia Pardo Bazán e considerada como unha das mellores novelas do século XIX. Recoñecidos actores e actrices como Pere Ponte e Olivia Molina forman parte do elenco desta obra, coas últimas entradas á venda no despacho de billetes do Pazo e na web: www.padroadodecultura.es

Sábado 25 de setembro de 2021

Actividade: «Animarúa» Hora: De 11.30 a 14.30 e de 17.00 a 19.00 Lugar: Praza do colexio de Xuvia, Pista Verde de Santa Icía, Praza da Gándara e Praza de Galicia 

O Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón organizan esta campaña, co fin de promover as compras nos comercios locais. Nas prazas da Pista Verde de Santa Icía e do colexio de Xuvia, dende as 11.00 ata as 14.30 haberá diferentes propostas musicais, exhibicións de baile, obradoiros, xogos populares… que pola tarde continuarán nas Prazas da Gándara e de Galicia, de 17.00 a 19.00 horas. Os comercios da cidade adheridos a esta campaña ofrecerán promocións e descontos os días 24 e 25 e o sábado haberá un sorteo de catro cestas de produtos de alimentación (un en cada praza).

Actividade: «Los Pazos de Ulloa» Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Secuencia 3 escenificará esta peza teatral, unha adaptación da novela do mesmo nome que escribiu a escritora galega Emilia Pardo Bazán e considerada como unha das mellores novelas do século XIX. Recoñecidos actores e actrices como Pere Ponte e Olivia Molina forman parte do elenco desta obra, coas últimas entradas á venda no despacho de billetes do Pazo e na web: www.padroadodecultura.es

Domingo 26 de setembro de 2021

Actividade: «II Xornada de exaltación do marisco da ría» Hora: De 11.00 a 22.00 Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O paseo marítimo de Xuvia acollerá este evento, no que o marisco será o gran protagonista. O Concello organiza a convocatoria xunto coa Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre e a Asociación de Percebeiros de Meirás. Ó mediodía poderanse adquirir os tickets para un menú , baixo unha carpa,  no paseo de Xuvia, donde tamén haberá música, conferencias e unha mostra de especies da ría e aparellos de pesca.

Actividade: «Acróbata y Arlequín» Hora: 18.00 Lugar: Pazo da Cultura

Este espectáculo da compañía La Maquiné para público familiar e infantil, a partir de 4 anos, está inspirado no universo do circo de Pablo Picasso durante o período rosa, de 1904 a 1907 e a música das primeiras vangardas dos compositores Erik Satie e Francisc Poulenc.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …