Neda-Espectáculo «Bernarda. Vilalba 1975» de Malasombra Teatro

O Concello de Neda inaugura a programación cultural do mes de outubro co espectáculo «Bernarda. Vilalba 1975» de Malasombra Teatro.

Será este venres 1 de outubro ás 20,30 horas no salón de actos da Casa da Cultura, no marco do programa FalaRedes que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Distinguida cos premios María Casares 2020 ó Mellor espectáculo, texto orixinal, dirección e actriz secundaria (Celia Gómez), as persoas interesadas en asistir á función deben reservar a súa butaca chamando ó teléfono 981 39 02 33 a partir deste luns, día 27 de setembro en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h (ata o venres ou completar aforo).

«Bernarda» é unha historia próxima, comprensible e universal. Aborda o choque xeneracional entre pais e fillos, amosando realidades diversas en función do lado no que nos situemos. Como fillos, tentando rachar coas normas que nos impoñen e, como pais, na obriga de impoñelas polo seu ben. Así, atoparémonos escenas duras e tensas e outras alegres e divertidas, como a vida mesma.

Lea también

Música e poesía na dobre presentación de Ricardo Seixo na AIC

A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC acolle este sábado 20 ás 19:00 horas a derradeira das …