Narón-Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará na Praza da Gándara

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este martes, día 28 de setembro na cidade, concretamente na zona da Praza da Gándara (rúa Pintor Sotomaior). O vehículo permanecerá operativo dende as 9.30 ata as 14.30 horas e tamén en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ó médico se se está tomando algún medicamento.

Lea también

Inaugurouse en Xuvia a sexta edición do programa “Verde que te quero verde”

A praza Irmáns Freire, en Xuvia, acolleu este domingo os dous primeiros espectáculos do programa …