Narón-Inscrición para asistir ás clases de español para persoas estranxeiras

O prazo de inscrición para asistir ás clases de español para persoas estranxeiras convocadas na Biblioteca Municipal de Narón abrirá este martes, día 28 de setembro ás 16.00 horas.

Así o anunciou a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, que indicou que se trata dun servizo que se presta dende o ano 2019 e a través do que se imparten clases para o citado colectivo todos os xoves, de 19.30 a 21.00 horas.

A edil naronesa explicou que se ofertan un total de dez prazas e recordou que as inscricións se deben realizar no horario de apertura da Biblioteca municipal (de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas) ou chamando ó número de teléfono 981 382 173.

Taibo apuntou tamén que o vindeiro mércores, día 29, abrirá o prazo de inscrición nas primeiras sesións deste trimestre (as do luns 4 de outubro) das Mesas de conversa en inglés. Neste caso, as persoas interesadas poderán elixir entre as dúas opcións, ambas o luns, de 17.15 a 18.15 ou de 18.15 a 19.15 horas.

A participación é de balde e cada persoa ten que reservar a súa praza, neste caso, para cada vez que desexe participar, abrindose a lista de inscrición de cada luns o mércores anterior ás 9.30 horas. Poden anotarse por teléfono ou de xeito presencial na Biblioteca municipal do Alto, nos horarios de apertura.

Lea también

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman “Trocolibro”

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman dende este luns …