Narón-Visita ó Centro Manuela Pérez Sequeiros con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazáronse este venres, día 1 de outubro ó Centro Integrado Comunitario Manuela Pérez Sequeiros con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas Maiores.

As representantes municipais felicitaron ós usuarios que se atopaban no Centro, entregáronlles un caravel a modo de homenaxe no seu día e asistiron a unha actuación musical de dúas integrantes da Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón, que interpretaron diversos temas musicais con clarinete e violonchelo adicados ás persoas maiores protagonistas desta xornada.

Ferreiro destacou a importancia de que as persoas maiores se manteñan activas e desfruten das actividades e instalacións municipais dirixidas ao colectivo, un dos pilares básicos das políticas do equipo de goberno naronés. García respaldou as palabras da alcaldesa e manifestou o seu desexo de que continuaran desfrutando moitos anos máis das actividades e servizos con que contan no Centro de Maiores e do resto dos servizos que se ofrecen desde o Consistorio.

As persoas maiores homenaxeadas agradeceron a visita da alcaldesa e a concelleira e tamén as flores que lles obsequiaron nesta xornada en que se celebra o Día Internacional das Persoas Maiores

Lea también

Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón …