Narón-Obras do primeiro circuíto de calistenia da cidade

O Concello de Narón abrirá nos vindeiros días o primeiro circuíto de calistenia da cidade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse esta semana ó paseo marítimo da Gándara para comprobar o avance dos traballos destas novas instalacións, ubicadas na zona do paseo marítimo. O Concello destinou a estas obras unha partida de preto de 22.000 euros

Os circuítos de calistenia son equipamentos que permiten a práctica dun método de adestramento físico no que só se traballa co peso do corpo e que permite gañar flexibilidade e forza. A alcaldesa asegurou que «cada vez son máis as persoas que practican este tipo de adestramento e por iso quixemos dotar á cidade dun circuíto no que poidan practicar» 

Ferreiro explicou que «a zona na que se ubican as instalacións é unha das máis frecuentadas polas persoas que practican deporte» e avanzou que «a intención do goberno local é continuar avanzando nesta mesma liña e nos vindeiros anos, a medida que sexa posible, habilitar máis instalacións como esta, co fin de que os tres paseos da cidade, o da Gándara, o de Xuvia e o de Freixeiro teñan os seus propios circuítos de calistenia»

Barras paralelas horizontais de diferentes alturas, unha escada horizontal, aneis… forman parte dos equipos instalados na Gándara co fin de «fomentar a práctica do deporte ao aire libre e hábitos de vida saudables». A alcaldesa recordou que estas instalacións se suman a outras xa operativas na cidade, como os circuítos Vita de Xuvia e O Couto e os parques biosaudables, entre outras.

Ferreiro asegurou que a construción destas instalacións «responde a unha demanda que tiñamos na cidade, donde hai persoas que xa practican este deporte e outras que poderán iniciarse nel, dando tamén a coñecer entre a cidadanía novas disciplinas».

Así mesmo, subliñou que «Narón é a día de hoxe un referente en canto a instalacións deportivas e dende o Concello continuaremos traballando para que así siga sendo, co obxectivo de que as nosas veciñas e veciños dispoñan na cidade de espazos para practicar diferentes disciplinas deportivas»

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …