Narón-Actuación da Banda do Garaxe da A.C.Sementeira en Piñeiros

A Banda do Garaxe – Concello de Narón

A Banda do Garaxe da A.C.Sementeira actúa este venres, día 8 de outubro, ás 19 horas no Parque do Local Social de Piñeiros, dentro do programa de «Música na Rúa» que organiza a Sociedade Cultural Areosa en colaboración co Concello de Narón.

«Este ano a nosa entidade optou por este formato de actos ó aire libre para retomar a actividade cultural a fin de facela compatible coa situación sanitaria derivada da pandemia». «Animamos á veciñanza de Piñeiros a achegarse ata as inmediación do Local Social para difrutar dun animado concerto nun entorno verde a pe de rúa, no que se cumprirán todas as medidas sanitarias: público sentado, distancia de seguridade, máscara e deinfeccion de mans». O aforo será limitado ata completar as cadeiras dispoñibles.

Lea también

Narón acollerá ‘Entreterras’, o novo directo de SonDeSeu

A primeira cita con Entreterras será o 24 de maio no Teatro Afundación de Vigo, …