Narón-Convenio de colaboración co presidente da asociación de veciños do Couto

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o presidente da Asociación de Veciños do Couto, Ramón Francisco Couto, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre o Concello e a entidade nun acto no que tamén estivo presente o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo.

A achega económica que recibirá a asociación é de 5.500 euros, contía a través da que se desenvolverán actividades de ámbito cultural.

O presidente da AVV do Couto agradeceu a aportación do Concello e destacou a colaboración entre as partes para levar a cabo actividades vencelladas coa cultura, como o entroido, teatro, actuacións corais, o ciclo Tempo de Música…

A alcaldesa destacou o traballo que realiza ao longo do ano a AVV do Couto, «co fin de implicar ás veciñas e veciños en propostas dirixidas a persoas de diferentes idades e que manteñen vivas as nosas tradicións e a nosa cultura»

Lea también

Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón …