Narón-Actos conmemorativos polo Día Internacional da Dislexia e Día Mundial da Saúde Mental

O Concello de Narón iluminará na noite deste venres, día 8 de outubro, a Casa da Cultura de cor azul con motivo do Día Internacional da Dislexia. Deste xeito o Consistorio naronés únese á campaña «Unidos por la Dislexia» promovida pola Federación Española de Dislexia (FEDIS).

A finalidade desta iniciativa é visibilizar a dislexia e outras dificultades específicas de aprendizaxe que afectan, indicaron dende o colectivo, a un 10% da poboación mundial.

Así mesmo, e con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora o vindeiro domingo, día 10, o Concello iluminará de cor verde a rotonda de Freixeiro dende este venres 8 ata o domingo 10, ambos incluidos.

Tamén neste caso o fin é dar visibilidade a esta enfermidade, baixo o lema do manifesto deste ano: «La salud mental, un derecho necesario. Mañana puedes ser tú»

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …