Narón-Presentación do proxecto de desenvolvemento da economía de proximidade

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita (PSOE), anunciou este xoxes 14 de outubro no Concello de Narón o inicio da I Fase do “Proxecto de desenvolvemento da economía de proximidade” que ten como obxectivo fundamental desenvolver a economía local de Narón.

Pita manifestou que neste proxecto identificaranse e poñeranse en marcha accións concretas que contribúan a xerar máis riqueza no concello de Narón, o que implicará: xerar postos de traballo para persoas que residan en Narón, incidindo nos mozos, mulleres e parados de longa duración; contribuir a elevar a facturación das empresas de Narón; lograr que as persoas e as súas familias queiran residir en Narón; atraer novos investimentos e desenvolver as empresas do noso concello.

O edil de Promoción Económica incidiu en que “o proxecto que comeza hoxe non se pode desenvolver sen a participación de todos e todas. A cidadanía, asociacións, empresas e en xeral o Concello de Narón participarán activamente na elaboración e desenvolvemento deste proxecto”.

«Debemos lograr que a cidadanía crea e aposte polos produtos e servizos de Narón. Necesitamos que as nosas empresas dean a oportunidade a proveedores locais e que contribúan a desenvolver novos potenciais proveedores. Temos que axudar ás nosas empresas para identificar e desenvolver máis oportunidades de negocio. Debemos crear as condicións para atraer investimento que xere novas oportunidades de desenvolvemento da economía local», sinalou David Pita.

Liñas básicas desta I Fase:
1.-Análise da Economía Local en Narón; Variables económicas significativas. Revisión situación do uso do chan. Principais recursos e capacidades competitivas detectadas e sesións de participación local

2.-Estudo de Consumo que axude a detectar as Cadeas de Valor esenciais; Estatísticas de consumo provincial

3.-Identificar as cadeas de valor con mais interese potencial. Análise de viabilidade; Déficit de produción local. Consumo local estratéxico e casos de éxito. Recursos e factores de competitividade. Sesións de participación local

4.- Identificación dos proxectos transversais necesarios

5.- Identificación dos proxectos para desenvolvemento

6.- Elaboración do cadro de mando de seguimento da Economía Local

«Nos próximos días comezarase o proceso de identificación das liñas concretas de actuación. Neste proceso convidarase a participar a asociacións, empresas, cidadanía… Queremos que sexa un obxectivo estratéxico do noso concello desenvolver a economía local a través da economía de proximidade», asegurou Pita.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …