Narón-A alcaldesa e o edil de Servizos visitaron a instalación do arenero infantil no Parque de Freixeiro

A alcaldesa, Marián Ferreiro, visitou na maña deste xoves acompañada polo edil de Servizos, Ibán Santalla, a nova instalación do arenero infantil na área do parque de Freixeiro, na que O Concello invirtiu un total de 23.968,88 euros.

A rexedora local manifestou que a obra ten como oxecto engadir valor agregado á área infantil do parque, aumentando a capacidade de usuarios e a oferta de variedade de elementos de xogo para uso infantil.

A necesidade de aumentar o número de usuarios dos parques infantís é unha prioridade para os concellos, neste sentido considerase importante calquera
intervención que busque fortalecer a estrutura dispoñible para os usuarios e usuarias infantís no Concello.

Santalla recordou que a instalación do arenero infantil no parque de Freixeiro é  a segunda destas características executada no municipio e manifestou a intención do Concello de seguir nesta liña para seguir aumentando as prazas de xogos infantís en beneficio dos nenos e nenas e das súas familias que precisan de espazos axeitados e seguros nos que ademáis se favorece a socialización por medio de actividades lúdicas.

Lea también

Suspendida a representación da obra “Cigarreiras” prevista para esta fin de semana no Pazo da Cultura-Narón

A representación do espectáculo teatral “Cigarreiras”, da compañía Contraproducións e de Teatro Romea, prevista para …