Narón-Licitada a contratación da obra de acondicionamento do local social do Alto

O Concello de Narón licitou a contratación da obra de acondicionamento do local social municipal sito na rúa Rosal do Alto do Castiñeiro cun presuposto de 252.858,93 euros.

O local resultante ten unha superficie construida de 298 m2 que contará cunha superficie útil distribuida da forma seguinte: Sala multidisciplinar de 105,00 m2, cafetería de 52,00 m2, Sala 1 de 36,00 m2, almacén xeral de 13,00 m2, oficina de 9,00 m2, ambigú de 13,00 m2, office de 11,00 m2, despensa de 6,00 m2, limpeza de 4,00 m2, aseo de 8,00 m2, aseo de 4,00 m2, e pasillos de 11,00 m2.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que con esta obra se contará cun novo espazo municipal a disposición dos veciños cunhas características estruturais axeitadas ás necesidades da comunidade da contorna que facilitará a interrelación cidadá e a realización de moitos tipos de actividades dirixidas a todas as idades.

Lea también

Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón …