Narón-Presentación dunha nova barredora eléctrica incluida no parque móbil municipal

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acompañada polo concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, e o director de desarrollo de URBASER, Moisés Neira, asistiu na mañá deste venres á presentación da nova barredoira eléctrica pertencente ao novo contrato de RSU e Limpeza Viaria do Concello de Narón. A presentación tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Gándara.

Nos pregos de contratación do servizo de recollida de RSU e LV valorouse a
proposición de vehículos coas emisións de CO2 o máis reducidas posibles e a
inclusión dunha barredora con baixo nivel de ruido, tendo en conta a realización do barrido nocturno.

A alcaldesa da cidade recordou que froito das mencionadas circunstancias presentase esta barredora que conta cunha autonomía de 10 horas sen recarga, con alimentación e operación 100% eléctrica, que non produce emisións de CO2 e cun nivel de emisión de ruido do orde dos 86 db, nun claro compromiso do Concello de Narón co coidado do medio ambiente e do benestar da veciñanza.

Lea también

Axenda en Narón do 13 e 14 de abril de 2024

Sábado 13 de abril de 2024 Actividade: “XIII Feira multisectorial agrícola” Hora: De 11:00 a 14:00 …