Narón-O Concello retomará o vindeiro mes de novembro os Consellos Territoriais

O Concello de Narón retomará a vindeira semana os Consellos Territoriais, que se desenvolverán durante o mes de novembro e ata o xoves, día 2 de decembro.

A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que estas convocatorias son un dos órganos de representación que establece o Regulamento de Participación Cidadá de Narón, actuando como “espazos de encontro entre a veciñanza de cada barrio ou parroquia con representantes municipais para promover o intercambio de necesidades e ideas de cada territorio e afondar na cohesión comunitaria”.

A edil de Participación Cidadá presidirá os Consellos Territoriais, ós que están convocados representantes municipais doutras áreas do goberno e dos grupos políticos da corporación municipal. e o persoal técnico da Escola de Participación será o encargado de moderar as convocatorias.

A primeira cita será o vindeiro martes, día 2 de novembro, ás 18.00 horas no local social da Gándara e celebraranse ata o 2 de decembro un total de catorce encontros nos barrios e parroquias do municipio.

As seguintes citas programadas en novembro serán o vindeiro mércores día 3 na Escola de San Mateo, ás 18.00 horas, o martes, día 9,  no Local Social de Xuvia ás 19.00 horas,  o mércores, día 10 no local da Sociedade Cultural Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso18.00 horas; o xoves, día 11, no local social de Piñeiros ás 19.00 horas; o luns día 15 no local social do Val ás 17.30 horas; o martes 16 no local social “Virxe de Fátima”, en Freixeiro ás 18.00 horas; o mércores día 17 no local social do Couto ás 18.00 h ; o xoves 18 no local social de Doso ás 20.00 horas; o mércores día 24 no local social “O Paraxe”, en Castro ás 19.30 horas; o luns día 29 no local social de San Xiao ás 18.00 horas e o martes día 30 de novembro no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía ás 19.00 horas. Así mesmo, os convocados para o mes de decembro terán lugar o mércores, día 1 no local social do Alto do Castiñeiro ás 18.00 horas e o último será o xoves, día 2 no local social de Sedes ás 19.30 horas.

“Nas convocatorias actualizarase ante os asistentes o estado das diferentes cuestións abordadas na primeira edición dos Consellos Territoriais deste ano, e tamén se presentarán as principais liñas do proxecto de orzamentos municipais para 2022, así como outra información de relevancia para o tecido asociativo da cidade”, explicou García.

As persoas que desexen asistir deben confirmalo previamente, para garantir os controis de aforo nos locais, enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.

Así mesmo, a concelleira de Participación Cidadá anunciou que se está desenvolvendo na cidade un proxecto piloto para apoiar ás asociacións veciñais, iniciado nas de San Xiao e “Rosa dos Ventos”, en Sedes. “Queremos mellorar a capacitación das entidades á hora de promover, convocar e desenvolver unha asemblea veciñal, fomentando a creación colectiva de propostas que posteriormente se presentarán nos Consellos Territoriais”.

García recordou que a parte teórica xa se levou a cabo e que se concretará na celebración de dúas asembleas veciñais convocadas os días luns, 15 de novembro en San Xiao ás 17.30 horas e o xoves día 18 de novembro ás 20.00 horas en Sedes.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …