Últimos días para presentar obras ó «XIII Concurso de Pintura Cidade de Narón»

O Padroado da Cultura de Narón mantén aberto o prazo para presentar obras ó “XIII Concurso de Fotografía Cidade de Narón”.

O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que o certame, que conta de categoría infantil e de adultos, repartirá 3.500 euros en premios.

As obras que se presenten nas categorías infantil e xuvenil (ata 15 anos) están fóra de concurso, pero recibirán un detalle participativo. No caso das de adultos, haberá un primeiro premio profesional de 3.000 euros e tamén se convoca o primeiro premio amador “Francisco Criado”, dotado con 500 euros.

As persoas interesadas en participar na categoría profesional deben presentar as súas obras de xeito telemático, a través do correo: pinturacidadedenaron@padroadocultura.es ata o vindeiro domingo e nas categorías amador e infantil o prazo de presentación rematará este venres día 29, podendo entregarse as obras no propio Pazo da Cultura, donde permanecerán expostas do 3 ó 12 de novembro.

As obras gañadoras do primeiro premio en ambas categorías de adulto pasarán a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón e os autores non poderán presentarse nas vindeiras dúas edicións do certame.

As obras deben ser orixinais e poderá presentarse unha por autor e tanto a temática como a técnica e estilo serán libres. Presentaranse no Pazo (rúa Holanda s/n) unha vez seleccionadas polo xurado sen sinatura acompañadas dun sobre pechado cos datos persoais do autor ou autora, o título do cadro, data de execución e técnica e copia do DNI por ambas caras.

O fallo do xurado terá lugar o venres, día 12 de novembro e as obras da categoría profesional exporanse no Pazo do 16 ó 23 de novembro, tal e como recordou Sánchez Fojo. A entrega de premios será o martes, día 23 de novembro, coincidindo coa celebración dos actos do Día de Narón.

O concelleiro de Cultura animou ós veciños de Narón e doutros concellos a participar nesta edición do certame, “un recoñecido concurso na nosa cidade e tamén noutros concellos que cada ano nos permite reunir no Pazo numerosas obras procedentes de diversos puntos da xeografía española e tamén ver as que fan as rapazas e rapaces que se presentan ás categorías infantil e xuvenil”

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …