Narón-Proxección da película «Pesadilla antes de Navidad»

O Padroado da Cultura do Concello de Narón organiza unha nova proxección cinematográfica que terá lugar este xoves, día 28 de outubro, en colaboración co Cineclube Serie B.

A cita terá lugar ás 20.00 horas e está relacionada co Samaín, polo que se poderá ver a película “Pesadilla antes de Navidad”.

A entrada é de balde ata completar aforo, polo que as persoas que desexen asistir poden retiralas no despacho de billetes do Pazo da Cultura.

Dende o Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B animan ós  veciños a acudir á proxección, para desfrutar deste clásico da animación musical dirixido por Henry Selick.

A Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga) e a Xunta de Galicia colaboran nesta iniciativa que, segundo indicaron dende o Cineclube Serie B será probablemente a derradeira proxección que organicen este ano na cidade.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …