Narón-Curso de «Deseño gráfico con Canva»

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou da apertura, este venres día 29 de outubro, do prazo de inscrición nun novo curso convocado a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia.

A edil indicou que se trata dunha acción formativa sobre “Deseño gráfico con Canva” ó que se poden anotar as persoas interesadas a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/37366

Esta acción formativa oferta un total de nove prazas (de balde e que se cubrirán por orde de inscrición), e impartirase do 18 ó 30 de novembro (32 horas en total), nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia, en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Edición de fotos con Canva, creación dun libro virtual, dun deseño con formato personalizado, creación de logotipos, infografías, menús para restaurantes e cafeterías, cabeceiras para Youtube, miniaturas, pósters, publicacións para redes sociais e tarxetas profesionais forman parte dos contidos que se abordarán co alumnado deste curso.

Hermida recordou que entre os meses de febreiro e xullo deste ano convocáronse na cidade seis accións formativas do programa Cemit. Así mesmo, indicou que os cursos deste programa se retomaron o pasado setembro, cando se convocaron outros tres, sendo o de “Deseño gráfico con Canva” o décimo que se convoca este ano.

“Trátase dunha acción formativa moi completa e á que animo a inscribirse ós veciños interesados nestes contidos”, indicou a edil, que avanzou que ata finais de ano se convocarán novos cursos na Aula Cemit de Xuvia.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …