Narón-O Concello convoca dez prazas mediante o sistema de concurso oposición

O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste luns publica unha resolución do Concello de Narón sobre a convocatoria para proveer un total de dez prazas mediante sistema de concurso oposición en turno libre. O concelleiro de Persoal, Pablo Mauriz, explicou que as persoas interesadas en formar parte do procedemento dispoñen dun total de vinte días naturais (contados dende este martes, día 2 de novembro) para presentar as solicitudes.

En total convocase unha praza de Técnico de Normalización Lingüística, Traballador social, Técnico informático, Axente de Desenvolvemento Local;  Animador sociocultural, Administrativo, Auxiliar administrativo, Orientador laboral e dúas de peón de limpeza e desinfección de gando.

No Boletín Oficial da Provincia (BOP) dos días 25 e 28 de xuño, 22 de xullo, 24 de agosto e 9 de setembro están publicadas íntegramente as bases do concurso oposición, en turno libre

Lea también

Narón conmemora o Día Internacional do Libro cun “Pequeno obradoiro literario”

Os nenos interesados en participar no Pequeno obradoiro literario organizado na Biblioteca municipal de Narón poderán …