Narón-Representación dos espectáculos «Drop» e «Recuérdame. El tributo a Coco»

A programación cultural continuará esta fin de semana no Pazo da Cultura con dous novos espectáculos. Na xornada do sábado, día 6, poderase ver o espectáculo de novo circo “Drop”, da compañía Pistacatro Productora de Soños SL.  Esta proposta cultural, de algo máis dunha hora de duración e dirixida a todos os públicos, poderá verse a partir das 20.00 horas.

“Drop” é un espectáculo de malabares e, sobre todo, de malabaristas, que amosarán ó público as súas grandes cualidades para manter obxectos flotando no ar. No mesmo xógase constantemente coa metáfora que compara os malabares coa vida, lembrándonos que en certo modo todas e todos somos malabaristas.

Catro malabaristas e un pianista protagonizan esta proposta de novo circo, cuxas entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e 5,50 para menores de 14 anos.

A segunda das propostas culturais desta fin de semana é o musical “Recuérdame. El tributo a Coco”, da compañía Vol Music Events SL, que se poderá ver en dous pases, ás 12.00 e ás 17.00 horas. Trátase dun musical, o primeiro, baseado nunha das películas máis entrañables de todos os tempos, un espectáculo para todos os públicos de algo máis dunha hora de duración e que emocionará ós espectadores. As entradas xa están esgotadas.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …