Narón-Andaina solidaria contra a violencia de xénero

A Asociación Seitura 22, da que forma parte o Concello de Narón, anunciou a convocatoria dunha andaina solidaria contra a violencia de xénero. A cita será este sábado, día 13 de novembro, e o tramo que percorrerán os camiñantes será duns catro quilómetros, entre o mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto) e Neda.

A saída está programada para as 11.15 horas e as persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente a través do correo electrónico: info@seitura22.gal ou chamando ó número de teléfono 981 333 398.

Unha vez en Neda, coa chegada fixada na zona de Subarreiros sobre as 13.00 horas, procederase a ler un manifesto, entregaranse agasallos, poderanse degustar uns pinchos e tamén haberá animación musical. Está prevista a asistencia á convocatoria do conselleiro de Medio Rural, José González, tal e como se indicou dende a organización.

A actividade é unha proposta da Consellería de Medio Rural e a Secretaría de Igualdade para os Grupos de Desenvolvemento Rexional de Galicia (GDR), entre os que está Seitura 22, e consiste nunha andaina nos Camiños de Santiago contra a violencia de xénero. Deste xeito, as caminatas sucederanse polos municipios donde discorren rutas xacobeas.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …