Narón-Proxecto de Desenvolvemento da Economía de Proximidade

O Concello de Narón acolleu este xoves, día 11 de novembro, o inicio do proxecto de Desenvolvemento da Economía de Proximidade. O edil de Promoción Económica, David Pita, saludou ós participantes na convocatoria, representantes de asociacións empresariais e veciñais de Narón e comarca.

O obxectivo da iniciativa, tal e como indicou o edil, é “desenvolver a economía local de Narón, polo que se identificarán e porán en marcha accións concretas para contribuír a xerar máis riqueza neste concello”.

A xeración de postos de traballo dirixidos ós veciños de Narón, elevar a facturación das empresas da cidade, lograr que a xente siga apostando por vivir en Narón e atraer novos investimentos son algunhas das metas que se perseguen a través deste proxecto, tal e como se explicou na convocatoria.

O concelleiro naronés destacou que “neste proceso é moi importante a implicación tanto da cidadanía en xeral como das entidades veciñais e empresariais, ó tratarse dos piares fundamentais para que se poidan levar a cabo con éxito os obxectivos finais deste proxecto”.

No proceso será tamén imprescindible que a xente aposte polos produtos e servizos que se ofrecen na cidade, por respaldar e dar oportunidades a proveedores locais e atraer investimento, para construír en conxunto un “proxecto de cidade”.

As fases que complementarán nos vindeiros días ó inicio deste programa serán o proceso de identificación das liñas concretas de actuación, apostando en definitiva pola economía de proximidade.

O desenvolvemento dese modelo de economía, tal e como se indicou hoxe, consta de dúas fases, unha primeira de elaboración do Plan de Desenvolvemento de Economía de Proximidade e outra posterior na que se desenvolverán proxectos concretos.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …