Narón-Interrupcións no subministro eléctrico na zona urbana e en Río do Pozo

A empresa Grupo Naturgy comunicou ó Concello de Narón novas interrupcións no subministro eléctrico programadas para inicios da vindeira semana, concretamente o vindeiro luns, día 15 de novembro,  e o vindeiro martes, día 16 de novembro, en varias zonas da cidade e a diferentes horas.

Dende a compañía indicaron que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro na zona.

Na xornada do luns, entre as 2.00 e as 3.00 horas estará afectada por esas interrupcións no subministro eléctrico a avenida dos Arrieiros (números 1, 4, 5 e 7), no polígono de Río do Pozo. Esa mesma zona, pero na avenida Panadeiros, haberá cortes no subministro entre as 3.30 e as 4.30 horas e dende as 4.30 ás 5.30 nas rúas Cesteiros e dos Mariñeiros (números 4 e 22)

O martes 16, de 1.30 a 2.30 horas haberá interrupcións na rúa Otero Pedrayo (números 1 e 5) e a continuación, de 2.30 a 3.30 novamente no polígono de Río do Pozo, nas rúas dos Carpinteiros (números 154, 156 e 158), dos Telleiros (números 37 e 167), na avenida Gonzalo Navarro (números 68, 76, 82, 129, 132, 135, 136, 153, 161, e 162) e no número 129 do citado polígono.

Así mesmo, de 4.30 a 6.00 estarán afectadas no polígono de Río do Pozo a avenida Bernardo Romero, a dos Carpinteiros (número 142), a dos Ferreiros (números 2, 8, 87, 140, 141, 143, 171, 173 e 175), dos Telleiros (números 3, 149 e 152). A última das interrupcións programadas para o martes será, segundo indicaron dende a empresa, de 6.00 a 7.00 horas e afectará á rúa Jesús Fernández Pita (números 43 e 84).

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …