Narón-Novas citas dos Consellos Territoriais de Participación Cidadá

A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presidirá esta semana catro novos Consellos Territoriais,os convocados este luns, día 15 de novembre, no local social do Val ás 17.30 horas; este  martes día 16 no local social “Virxe de Fátima”, en Freixeiro ás 18.00 horas; este mércores día 17 no local social do Couto ás 18.00 h ; este xoves 18 no local social de Doso ás 20.00 horas;

A edil naronesa realizou un chamamento ós veciños destes barrios e parroquias da cidade para que acudan ás convocatorias, nas que tamén estarán presentes outros representantes da corporación local.

No transcurso destas convocatorias a cidadanía ten a oportunidade de recibir información sobre asuntos que xa se analizaron durante as últimas sesións dos Consellos de Participación, celebrados a comezos deste mesmo ano.

Así mesmo, tamén se abordan diferentes temas como os orzamentos municipais do vindeiro ano, que se están ultimando, entre outros temas de interese.

As seguintes citas programadas este mes serán o mércores día 24 no local social “O Paraxe”, en Castro ás 19.30 horas; o luns día 29 no local social de San Xiao ás 18.00 horas e o martes día 30 de novembro no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía ás 19.00 horas. 

Así mesmo, os convocados para o mes de decembro terán lugar o mércores, día 1 no local social do Alto do Castiñeiro ás 18.00 horas e o último será o xoves, día 2 no local social de Sedes ás 19.30 horas.

García informou da nova data do de San Mateo, que finalmente se convocou para o vindeiro luns, día 22 de novembro, ás 18.00 horas no local social da parroquia. As persoas que desexen asistir a estas convocatorias deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …