O BNG propón a ampliación da praza Sánchez Aguilera

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol propón ao goberno local a ampliación da praza Sánchez Aguilera, ubicada enfronte do centro cultural Torrente Ballester, cun proxecto que contemple a derruba do muro e ampliar a praza coa zona verde tras el, gañando espazo libre e zonas de lecer para a cidade.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, sinalou que o BNG ten previsto levar a debate ao pleno da corporación municipal propón ao goberno local que se inicien os trámites de expropiación da zona verde colindante co actual muro que limita a praza entre a mesma e a rúa da Terra. O plan xeral municipal «cualifica este espazo, xa, como zona verde polo que se trata de integrala no patrimonio municipal e desenvolver un proxecto de ampliación e mellora desta praza.«

Iván Rivas afirma que con este proxecto o BNG procura que se desenvolvan na cidade pequenas intervencións urbanas que incorporen para o público solares que até o momento se atopan baleiros para reconvertelos en lugares de esparcimento e encontro. «Queremos incrementar as zonas verdes na cidade xa que son beneficiosas para a saúde física e mental dos veciños e veciñas ademais de que cómpre lembrar que as zonas verdes abren a posibilidade de realizar exercicio físico e contribúen a diminución da contaminación vinculado á presencia da vexetación«, afirmaba o portavoz.

O BNG considera que o Concello «debe dar pasos no camiño de recuperar o espazo público para a xente» e é por iso que pedirán que o goberno local inicie o expediente de expropiación das parcelas afectadas para desenvolver este proxecto e desenvolver ao mesmo tempo o proxecto de urbanización do conxunto da nova praza pública que permita acondicionar e recuperar para a xente un espazo hoxe abandonado situado no corazón do centro urbano da cidade.

«Cómpre lembrar que tras a crise sanitaria da covid-19 ficou evidenciado a necesidade de dotar as cidades de espazos públicos máis seguros para a saúde«, afirmaba. Igual que é unha necesidade «a redución do tráfico rodado é unha necesidade recuperar espazos para as persoas e planificar medidas concretas que redefinan o urbanismo na cidade». «Debemos aproveitar sinerxías positivas como a apertura da renovada praza de Armas e procurar proxectos que complementen e amplíen a oferta de zonas verdes no centro da cidade

Iván Rivas indica que este proxecto complementaria os espazos públicos de Armas, o Cantón ou Amboaxe con vistas tamén ao «necesario avance definitivo do proceso de peonalización permanente e á inevitábel derruba da muralla do Arsenal, co obxectivo de abrir Ferrol ao mar, proxectos inaprazábeis que esta cidade precisa.«

Lea también

Gran brillantez en el acto de entrega de los premios «ártabros-2023-24» de Galicia Ártabra

En una brillante jornada, con “abarrote total” en la tarde del sábado, día 20 de abril …