Narón-Unha unidade móbil para a doazón de sangue desprazarase a vindeira semana á cidade

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá durante tres días da vindeira semana na cidade de Narón.

Na xornada do vindeiro luns, día 22 de novembro, o vehículo localizarase nas inmediacións do novo centro de saúde, en horario de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00.

Ó día seguinte, martes 23,  a unidade móbil estacionará nas inmediacións da praza da Constitución, na Solaina, donde o persoal da mesma estará operativo entre as 15.30 e as 21.00 horas. Finalmente, o vindeiro mércores 24 de novembro o vehículo estará novamente ó carón do novo centro de saúde, en horario de 15.30 a 21.00.

Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

Lea también

Sés, Xacarandaina e un musical dos anos 80 e 90 esta fin de semana no Pazo da Cultura, en Narón

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana tres novos espectáculos da …