O BNG pide aproveitar ‘Ferrol Invisible’ para poñer realmente en valor todo o patrimonio

María do Mar López e Iván Rivas na casa natal de Ricardo Carvalho Calero | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz do BNG no Concello de Ferrol, propón ao goberno municipal que aproveite a iniciativa ‘Ferrol Invisible’ para poñer en valor o patrimonio da cidade de xeito real e positivo. É dicir, «que vaia máis alá de visitas concretas para así proxectar ese enorme potencial a recuperar, reclamar e dignificar«.

O portavoz nacionalista, esixiu ao goberno municipal que «abandone a política de apariencias e actos propagandísticos con respecto ao patrimonio da cidade e se poña a traballar na recuperación definitiva sobre o que ten competencias directas e esixa o mesmo para as administracións públicas que teñan propiedades na nosa cidade en estado de abandono total».

Considera que o único «invisible» nesta cuestión son as «accións do goberno de Ángel Mato» para a recuperación do patrimonio usurpado por outras administracións e a súa posta a disposición para a cidadanía así como accións concretas para recuperar o patrimonio municipal. «É curioso que desde o goberno local se chame patrimonio invisíbel a instalacións que pese a estar infrautilizadas son vetadas á cidadania como acontece con moitas instalacións de Defensa na nosa cidade e que poderían comezar pola derruba do muro do arsenal

Desde o BNG «se o goberno local está falto de ideas podémoslle refrescar a mente e deixarlle algunhas propostas para a realización desta iniciativa nas súas dúas vertentes mesmo algunhas poderiamos encaixala en ambos proxectos«. O antigo edificio de Facenda, na rúa Madalena, a parcela do Sánchez Aguilera, o Edificio de Aduanas, no porto, a estación de Ferrocarril, o club da Armada no Montón xunto ao parque do Monton, de propiedade municipal, o castro de Esmelle, o barrio de Recimil, o observatorio de Monteventoso, o polígono de tiro de Catabois, o campamento de Prior, propiedade propiedade municipal, «son só alguns exemplos dos máis significativos do patrimonio local que permanece abandonado tanto polo goberno municipal como outras administracións sen que desde a administración local se lles esixa un mínimo de corresponsabilidade coa protección do patrimonio como coa propia cidade de Ferrol«.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …