O BNG pide o Concello que restableza o transporte para o centro de día de menores

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, esixiu esta mañá ao goberno local que restableza o servizo de transporte que o Concello puña a disposición dos e das usuarias do Centro de Día de Menores que a Deputación da Coruña ten na cidade.

Acusou ao goberno local de «recortar servizos a familias en situación de vulnerabilidade como son as usuarias deste centro de día de menores ao que acoden familias coas que o departamento de Benestar Social realiza programas de intervención familiar«.

Iván Rivas considera esta decisión un «erro do goberno municipal» e acusa à responsábel política de quen depende este centro, Ana Lamas, «de ocultar este feito do que ela é co-responsábel por formar parte tamén do goberno de Ángel Mato que retirou o servizo

O BNG lembra que o Concello de Ferrol desde hai moitos anos ven prestando o servizo de transporte de autobús con acompañante para as menores que acoden ao Centro de Día de Menores que ten conveniado coa Deputación da Coruña.

O programa de Centro de Día de menores ten como función a atención a menores pertencentes a familias coas que o departamento de Benestar Social Municipal realiza algún tipo de intervención familiar, tendo entre os seus obxectivos a normalización das funcións parentais e a autonomía das familias na cobertura das súas propias necesidades.

Como complemento a este programa e para aquelas familias das crianzas que tiñan dificultades para desprazarse desde os seus centros educativos até as instalacións do centro de Día de Menores da Deputación na cidade o Concello dispuña deste servizo de transporte.

Ademáis o custe deste servizo «é perfectamente asumíbel polo Concello de Ferrol» xa que se trata dun importe que non supera os 15.000 euros ao ano.

É por isto que o BNG presentará unha moción ao pleno municipal coa proposta para que o goberno local restableleza o servizo de transporte para os usuarios e usuarias do Centro de Día da Deputación da Coruña na nosa cidade.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …