Narón-A Xunta incrementa as prazas do centro de día da Nosa Señora de Chamorro

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou o mércores, día 24 de novembro, os centros de día da Nosa Señora de Chamorro, no que a Xunta de Galicia financia este ano dúas prazas máis cun investimento 26.000 euros anuais. Deste xeito, o Goberno galego financia 35 prazas no centro de día desta entidade, para as que destina máis de 400.000 euros.

A maiores diso, Fernando González Abeijón explicou que a Administración autonómica tamén financia preto de 100 prazas no centro ocupacional no que a entidade desenvolve actividades centradas en que as persoas con discapacidade adquiran habilidades que axuden a mellorar a súa autonomía. O Goberno galego achega máis de 700.000 euros para este servizo.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade puxo en valor o compromiso da Xunta de Galicia coa atención e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias. Por iso, salientou que para o vindeiro ano poñeranse en marcha 280 novas prazas de atención diúrna e residencial de atención ás persoas con discapacidade, que permitirá superar as 5600 prazas na comunidade, un 30% máis que as que había en 2009.

Lea también

Narón-Campaña solidaria «Regala sorrisos»

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Benestar Social, Catalina García, presentaron …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *