Narón-Agenda deste «finde»

Venres 26 de novembro de 2021

Actividade: Contacontos “Seica” Hora: 19.30 Lugar: Biblioteca municipal

O Concello organiza esta actividade enmarcada no programa de actos do Día Internacional contra a violencia de xénero. É unha sesión de contos para público adulto, a partir de 16 anos, para a que se precisa inscrición previa na Biblioteca municipal (de xeito presencial ou chamando ó número de teléfono 981 382 173).

Sábado 27 de novembro de 2021

Actividade: Obradoiro “Tapas e pinchos con produtos do mar” Hora: De 10.00 a 14.00 horas Lugar: Centro Cívico Social do Val

A iniciativa enmárcase no programa “Narón, mar aberto”, impulsado polo Concello de Narón, en colaboración coa AVV “Os Irmandiños” do Val e a asociación Terra Rendible. O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, a través da Xunta de Galicia e o GALP.

Actividade: “XXVIII Trofeo de Natación Cidade de Narón. XVIII Memorial Juan Lago” Hora: 17.30 Lugar: Pavillón polideportivo municipal da Gándara

Un centenar de deportistas participarán neste evento, que se retoma este ano sen público debido á situación sanitaria. O Concello organiza esta cita deportiva xunto coa Agrupación Deportiva Náutico de Narón.

Actividade: “Anfitrión” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

Recoñecidos actores como Pepón Nieto, Dani Muriel e Toni Acosta forman parte do elenco desta comedia, de case dúas horas de duración. As entradas están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 21 de novembro de 2021

Actividade: Obradoiro “Tapas e pinchos con produtos do mar” Hora: De 10.00 a 14.00 horas Lugar: Centro Cívico Social do Val

A iniciativa enmárcase no programa “Narón, mar aberto”, impulsado polo Concello de Narón, en colaboración coa AVV “Os Irmandiños” do Val e a asociación Terra Rendible. O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, a través da Xunta de Galicia e o GALP.

Actividade: Presentación “Alxibeira. Música e baile tradicional” Hora: 19.00 Lugar: Pazo da Cultura

O Grupo de Bailes Tradicionais “Alxibeira” do Padroado da Cultura presenta no Pazo o seu novo proxecto, cun repertorio e vestiario renovados. Quique Peón dirixe a esta agrupación, integrada por rapaces de Narón e comarca.

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …