Narón-O Grupo de Bailes Tradicionais “Alxibeira” presenta o seu novo repertorio

O Grupo de Bailes Tradicionais “Alxibeira”, do Padroado da Cultura, presenta este domingo, día 28 de novembro, no Pazo da Cultura, o seu novo repertorio.

A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou o traballo realizado dende a formación “por continuar mantendo vivas as nosas tradicións culturais e ofrecernos este novo repertorio con novas músicas, cancións, vestiarios e bailes”. A cita será ás 19.00 horas e as entradas poden adquirirse, a un prezo de tres euros, na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

A alcaldesa destacou o importante labor de todas aquelas persoas que, na traxectoria desta agrupación (constituída no ano 1986) fixeron posible recuperar unha parte moi importante da cultura tradicional galega e ser hoxe en día un referente dentro e fóra de Narón. Baixo a dirección de Quique Peón, os integrantes de “Alxibeira” subiranse o domingo ó escenario do Pazo para deleitar ó público, durante aproximadamente unha hora, co seu repertorio.

O Grupo de Bailes Tradicionais “Alxibeira” intégrano, dende a súa constitución, varios rapaces de Narón e tamén doutros concellos. Coa chegada do novo repertorio tamén se coñecerán as novas incorporacións a esta agrupación que partiu de alumnado das Escolas de Baile Tradicional do Padroado da Cultura de Narón.

Lea también

El PP de Narón celebró asamblea para elegir nuevo equipo directivo. Calvo pidió “xenerosidade e altura de miras”

“Si hoxe estamos aquí é por todo o que fixeron outros antes en momentos complicados. É …