Narón-Novas interrupcións no subministro eléctrico en Río do Pozo e zona urbana

A empresa Grupo Naturgy comunicou ó Concello de Narón novas interrupcións no subministro programadas para esta semana.

A necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro na zona é novamente o motivo desta medida, según indicaron dende a empresa Grupo Naturgy.

Na madrugada desde luns, día 29 de novembro, terán lugar dous cortes, previstos de 00.00 a 2.30 horas nas rúas Alexandre Bóveda e Xaquín Bruquetas e na avenida da Solaina e de 2.30 a 5.00 nas rúas Bouzas (número 16, pares de 2 a 8 e 20 a 24, 32 e 34), Camiño da Torre (números 21, 28, 29, 31, 34, 36 a 38, 44, 50, 52, 56, 62, 66, e impartes 75 a 81), Cangas (números 1 a 5, 9, 15 a 17, 19 a 22 e 24) e A Garda (números 53 e 63), na zona do Alto.

Así mesmo, na madrugada deste mesmo luns tamén poderá haber interrupcións no subministro eléctrico na avenida Gonzalo Navarro, no polígono de Río do Pozo, de 5.00 a 7.00 horas (números 16, 17, 19 a 21, 31, 37 e 87).

Os vindeiros cortes serán este mércores, día 1 de decembro, na zona do polígono Río do Pozo, nas rúas Condesa Cavalcantti (número 1), rúa dos Ceramistas (números 30 a 34, 39 e 40); avenida Gonzalo Navarro (números, 8, 10, impartes de 23 a 27, 28) e rúa Jesús Fernández Pita (número 22). Esa mesma madrugada, de 2.00 a 4.00 horas haberá interrupcións de novo no citado polígono: rúa dos Ceramistas (números 5, 67, 69, 76 e 77), avenida Gonzalo Navarro (números 11 a 14, 36, 55, 60 e 84) e de 5.30 a 7.00 horas nas rúas Cesteiros e dos Mariñeiros (números 4 e 22), tamén en Río do Pozo.

Este xoves, día 2 de decembro, tamén haberá cortes, de 5.00 a 7.00 horas no Río do Pozo, nas rúas Muiñeiros e Vidreiros.

Lea también

Suspendida a representación da obra “Cigarreiras” prevista para esta fin de semana no Pazo da Cultura-Narón

A representación do espectáculo teatral “Cigarreiras”, da compañía Contraproducións e de Teatro Romea, prevista para …