Narón-A biblioteca municipal permanecerá pechada a vindeira semana

A biblioteca municipal de Narón permanecerá pechada a vindeira semana por obras de mantemento, tal e como informou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo.

A ponte entre dous festivos que se realizará o próximo día 7 de decembro, no Concello, sumaranse o xoves e venres 9 e 10, donde se prestará servizo na sala infantil no seu horario habitual, de 17.00 a 20.00.

As salas e servizos da sección de adultos permanecerán pechadas ata o próximo sábado, día 11 de decembro, segundo as previsións iniciais. O persoal da biblioteca traballará, a porta pechada, os días 9 e 10, polo que se atenderá telefónicamente 981 382 173 e a través do correo electrónico: biblioteca.central@naron.es no horario habitual.

Nesa xornada de reapertura, o próximo día 11 de decembro, está previsto celebrar na biblioteca unha sesión de contacontos infantil “As viaxes de Irene: Guatemala”. A actividade diríxese a nenos a partir de 4 anos e con carné da Rede de Bibliotecas de Galicia, que poderán reservar praza a partir do vindeiro xoves, día 9 de decembro, ás 16.00 horas chamando ó número de teléfono 981 382 173 en horario de apertura da Biblioteca (as instalacións estarán pechadas pero atenderase telefónicamente).

Taibo recordou que a biblioteca colabora co Centro de Recursos Solidarios recollendo libros infantís e xuvenís para as familias vulnerables. A recollida rematará o 18 de decembro, para posteriormente clasificar os libros doados para proceder ao seu empaquetado antes de entregalos ó Centro de Recursos Solidarios de Narón.

Lea también

O Plan Único da Deputación inviste 211.400€ para converter a r/da Garda de Narón nun bulevar

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou unha visita institucional ao Concello …