Narón-Unha unidade móbil de Inspección técnica de agrícolas desprazarase á cidade

Unha unidade móbil para realizar a Inspección técnica de agrícolas desprazarase dous días deste mes á cidade de Narón.

Na xornada do mércores 15 de decembro estará no Campo da festa de Pedroso en horario de mañá, dende as 9.00 ata as 13.30 horas e o día seguinte, o 16, nas inmediacións da Cooperativa do Val, tamén de 9.00 a 13.30.

As persoas interesadas en acudir con vehículos agrícolas poden pedir cita previa chamando ó teléfono 902 309 000 ou facelo a través da web: www.sycitv.com.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …