Narón-«IV Memorial Andrés Castro»

O Padroado da Cultura de Narón colabora coa Asociación de Veciños “A Pombiña” de Pedroso, na cuarta edición do Memorial Andrés Castro de teatro.

O edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que se trata dunha convocatoria organizada anualmente, o ano pasado non se levou a cabo pola situación sanitaria, en recordo dun veciño de Pedroso moi vencellado ó grupo de teatro da citada parroquia. As representacións serán durante catro días deste mes, sempre ás 19.00 horas no local social de Pedroso e con entrada de balde.

O ciclo comeza mañá coa representación de “Don Pero el Emparedado”, do grupo de teatro Donas de Ferrol e continuará este domingo, día 5, coa obra “Amén”, do Grupo Teruca Bouza de O Seixo. As seguintes representacións programadas serán o luns 6, a cargo do grupo Xosé María Pérez Parallé, de Fene, coa obra “Conversas” e pechará o programa o grupo de teatro A Pombila de Pedroso, coa peza “Confinados”.

Dende o Concello animaron á cidadanía a acudir a estas representacións teatrais para ver o gran traballo que realizan as persoas que forman parte destes grupos teatrais.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …