Gran afluencia de público na primeira xornada do “XII Mercado de 2ª man” que se celebra en Sedes

A primeira xornada do “Mercado de 2ª man” organizado polo Concello de Narón tivo unha moi boa acollida, este sábado, entre veciñas e veciños da cidade e comarca. Un total de setenta e nove postos danse cita neste evento que continuará este domingo n  recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. As persoas que o desexen poderán acudir en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, tal e como recordou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego.

Roupa, calzado, libros, discos, artigos de cerámica, antigüidades, xoguetes, bisutería, pezas de decoración e coleccionismo… son algúns dos produtos que se poden adquirir nos diferentes postos de venda instalados no interior dunha das naves do recinto feiral. Así mesmo, hai un espazo reservado para o Centro de Recursos Solidarios de Narón donde se poden doar alimentos e produtos de hixiene.

No mercado tamén se organizaron obradoiros de reciclaxe e relacionados co medio ambiente para nenas e nenos que tiveron un gran éxito de acollida. Aos celebrados este sábado de fabricación de muérdago con corcho, de xoguetes con tapóns de plástico, lapiceiros con rollos de papel e xoias con chapas de refrescos sumaranse os programados para este domingo. Os menores poderán aprender a fabricar bolas de Nadal con telas e tarros con sal de cores pola mañá e pola tarde farán maceteiros con latas e pinzas e construirán instrumentos con materiais de refugallo.

Na entrada cada persoa recibe de balde unha rifa coa que poden participar nos sorteos que se realizan en horario de mañá e de tarde de produtos de Nadal.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …