Narón-Conmemoración do Día dos Dereitos Humanos

O Concello de Narón conmemora o Día dos Dereitos Humanos que se celebra este venres, día 10 de decembro, cunha serie de actividades simultáneas no marco do proxecto “Eu sumo, historias para un mundo cheo de diversidade”.

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, recordou que desde as 10.00.horas, nas instalacións municipais da Casa da Mocidade da Gándara terán lugar as actividades seguintes: Construción dun mosaico colectivo. Poderán participar grupos ou persoas interesadas en realizar un traballo común para mellorar a estética da casa da Mocidade dando maior visibilidade á conmemoración desa xornada polos Dereitos Humanos.

Máis aló dun photocall. Contarase cun photocall para invitar á cidadanía a realizarse unha fotografía e compartila nas redes sociais cos cancelos de #eusumo ou #naronsuma, para xerar a reflexión e apoio a un mundo cheo de Diversidade.

García animou á poboación a achegarse á Casa da Mocidade e participar nestas actividades. Neste proxecto colaboran as seguintes entidades: AXF, CHAMORRO, COGAMI, TEIMA, ASPANEPS, ASPANAES, ALCER, AFFINOR, ASCM Narón e Movilidad Humana.

Lea también

Axenda en Narón o 20 e 21 de abril

Sábado 20 de abril de 2024 Actividade: Obradoiro “Encadernación ecolóxica” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico …