A Xunta autoriza a plantar patacas en Narón

A veciñanza de Narón que desexe plantar patacas poderá facelo de novo este ano previa comunicación á Consellería do Medio Rural.

O Diario Oficial de Galicia publicou o venres 10 de decembro, a resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias pola que se prorrogan as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as zonas infestadas e as tampón e se implementan medidas de control e erradicación con respecto ó couza guatemalteca da pataca en Galicia.

O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, indicou que tal e como se recolle no DOG a totalidade da superficie do concello de Narón, xunto cos de Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño, é considerada zona tampón.

Por este motivo, os agricultores deben comunicar inmediatamente despois da sementeira, en todo caso antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca segundo o modelo establecido (pode consultarse no DOG número 138, do 21 de xullo).

A comunicación pode presentarse na oficina agraria comarcal máis próxima ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ou a través da Sede Electrónica da Xunta.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …