Entrega da última cesta de Nadal da «Campaña do Comercio Local» de Narón

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregaron xunto con Vanesa Maseda, da Asociación de Comerciantes de Narón, a cuarta e última cesta con produtos de Nadal sorteada na “Campaña do Comercio Local” de Narón.

A agraciada nesta ocasión foi Alexandra Díaz Ramos, veciña de Narón, que resultou premiada tras depositar unha papeleta no establecemento Marisa Rivas Fotografía.

A alcaldesa e o edil naronés felicitaron á agraciada, ó igual que fixo a representante da Asociación de Comerciantes de Narón, á que animaron a continuar comprando nos establecementos da cidade, dos que destacaron a calidade e variedade de produtos que ofrecen, así como o trato coa clientela.

O vindeiro sábado 1 de xaneiro procederase a sortear os vales de compra desta campaña, dous por importe de 500 euros cada un, outros dous de 300 euros e seis de cen euros. A campaña remata este venres, día 31 de decembro polo que as persoas que o desexen aínda poderán participar no sorteo destes vales para gastar nos establecementos comerciais adheridos.

A través da web: www.comerciodenaron.com, pódense consultar as diferentes propostas para participar nos sorteos pendientes: subindo imaxes de tickets de compras, vídeos ou fotos felicitando o Nadal nos comercios ou mediante a estratexia de viralización.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …